Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Martins Aneiros Band

Tras un par de anos de proxecto conxunto sobre os escenarios, a banda xurdida da unión da guitarra de Víctor Aneiros e a voz de Paula Martíns lanza o seu primeiro álbum baixo o título de "RAIN".

O primeiro traballo de estudo da Martíns Aneiros Band é unha viaxe a través do blues, o soul e o rock no que temas como o popular "Blues is my business" de Etta James ou "I can´t do that" do compositor chicagüense Mike Wheeler maxistralmente versioneados e ensamblados con outros orixinais como "Rain", o single que ademais dá nome ao disco, ou "Healthy lifestyle".

Galego

Xisco Feijoó Trío

O grupo está liderado por *Xisco Feijóo (Composicións, arranxos, letras, gaita, percusións, voz e danza tradicionais galegas), aportando un repertorio de temas de orixe tradicional recuperado a través dun intenso traballo de campo de xa máis de trinta anos ao longo de toda a xeografía galega e con letras tiradas das antigas cantigas, ordenadas e aderezadas con novas creacións de autoría propia e cun marcado carácter galego.

Galego

Lulavai - Concerto semiacústico

Lulavai fan soar 4 arpas e 4 voces, interpretando sobre os escenarios temas de composición propia con inspiración na música traicional galega e noutras máis lonxanas. Interpretan tamén temas ao máis puro caracter tradicional, ou arranxos inspirados nas raíces da música galega. Composicións propias e delicados arranxos para o instrumento principal que é a arpa e as voces, e utilizando tamén outros instrumentos de percusión que aportan a variedade tímbrica e o son orixinal de Lulavai.

 

Galego

Agora é o tempo

Especialista nos Beatles,  Francisco Castro lanza o seu primeiro disco titulado AGORA É O TEMPO, no que recolle, dende moitas esferas musicais que van do rock ao funkie, o blues e a balada, as súas inquedanzas e propostas para, dende a música, entender a realidade e cambiala. Música para pensar, para soñar e para bailar.

Galego

Delgao

Delgao presenta NANA TOUR, unha xira na que presenta o seu primeiro disco (xaneiro de 2024). Cun novo show, o segoviano invítanos a mergullarnos no universo NANA para desfrutar dun concerto cheo de identidade musical e visual.

Galego

Steph Strings

Steph Strings é unha cantautora australiana de Melbourne, Victoria, que conta unha historia a través da súa música. Con influencias do John Butler Trio, Kim Churchill e Ziggy Alberts, o estilo musical de Steph implica estoupidos de percusión xunto con celta, blues e indie-rock costeiro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto