Eleanor Friedberger
Coñecida por formar xunto co seu irmán o dúo The Fiery Furnaces, banda de rock asilvestrado e inquedo co que chegou a publicar un total de nove álbumes e erixirse en grupo de culto da última década, Eleanor Friedberger chega ao Gaiás co seu segundo traballo en solitario Personal Records, un disco extramadamente romántico ao redor do amor á música.

