AcidProyect + You dog! + Stormseeds
Para celebrar os seus once anos de traxectoria AcidProyect! compartirán escenario con You dog! e Stormseeds.

Para celebrar os seus once anos de traxectoria AcidProyect! compartirán escenario con You dog! e Stormseeds.
O Café Cultural Auriense despide o ano cun concerto hard rock, da man das banda Pölisong e Baja California.
Os galegos Pölisong aproveitarán esta ocasión para presentar o seu novo traballo. Do mesmo xeito, os asturianos Baja California intepretarán temas do seu novo disco Horizontes.
Beret presenta o seu novo disco, Ápices.
Neste traballo están presentes o reggae, o rap e o dancehall nos seus temas.
Antonio Arco presenta o seu segundo disco, Abril.
Este novo traballo está composto por once temas que van dende o folk ao rock, pasando polo pop con raíces sureñas. E contan cunhas letras cheas de optimismo e cheas de vida.
As bandas tributo a Nirvana (Radiobleach) e a Pearljam e Soundgarden (Black Hole Jam) interpretarán durante dúas horas os temas das míticas bandas de estilo grunge.
Yo Debí Enamorarme de tu madre é o novo traballo de Bertín Osborne no que inclúe rancheiras.
Durante o concerto o cantante andaluz repasará os temas máis coñecidos da súa carreira.
A banda portuguesa dará un único concerto en Galicia, no Teatro Colón, para presentar o seu último traballo.
Odeon Hotel é o nome do novo disco no que combina o son tradicional portugués coas composicións propias da banda.
Este concerto enmárcase dentro do Ciclo Selección Noroeste.
A violagambista, Sara Ruíz, interpreta fantasías para viola da gamba de Georg Philipp Telemann.
Sara Ruíz poderá intepretar estas pezas grazas á poetisa Eleonore von Münste que se encargou de gardar coidadosamente as partituras de Telemann.
Tras anos coincidindo e compartindo experiencias musiales, estes tres grandes músicos deciden iniciar o seu propio proxecto artístico, motivado pola súa recíproca admiración e amizade. Unidos ademais pola madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporal, aventura, surrealismo...
Nani García volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos ano 80 conseguiu renovar o panorama jazzístico galego. Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano, contrabaixo e batería, Nani García Trío vai máis alá dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonde tanto no son das pezas como na execución instrumental.