Airelle Besson Quartet
Airelle Besson: é unha das figuras máis importantes da escena francesa e europea dos últimos anos na que foi galardonada dúas veces como mellor músico francés do ano polos premios da Academia Francesa de Django Reinhardt e como revelación de jazz do ano. na cerimonia dos premios franceses "Les Victoires du Jazz". No festival 2015 “Jazz sous les Pommiers” presentou o seu novo proxecto; un cuarteto coa cantante sueca Isabel Sörling, Benjamin Moussay ao piano, Rhodes e o sintetizador de baixo e Fabrice Moreau á batería.

