Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Vicky Gastelo

De formación clásica, o seu primeiro concerto de piano foi  a idade de 11 anos, sendo no conservatorio onde empeza a sentir a necesidade de poñer letra a obra  de clásicos como Chopin.
En 1997 entrou a formar parte dunha banda no instituto á vez que se presenta a un concurso de maquetas coas súas propias cancións, gañando o concurso as edicións de 1998 e 1999, ano en que comeza a tocar por locais de música de Cantabria, defendendo as súas cancións, guitarra en man. Unha desas maquetas chega á compañía Sony Music quen decide fichar a Vicky  e publicar o seu primeiro disco.

Galego

Linkoln Park

Volve gozar dos hits máis coñecidos dunha das bandas máis importantes da historia do nu metal, Linkin Park. Un espectáculo cheo de forza, cor e rock en homenaxe á banda estadounidense creada en 1996. 

Galego

Rufus T. Firefly

Rufus T. Firefly é un grupo de rock alternativo de Aranxuez  (Madrid), actualmente formado por Víctor Cabezuelo (voz e guitarra) e Julia Martín-Mestre (batería e programacións), Carlos Campos (guitarra), Juan Feo (percusión) Miguel de Lucas (baixo) e Marta Brandariz (teclados)

Formouse en febreiro de 2006 e toman o seu nome do personaxe de Groucho Marx (dos Irmáns Marx) na película Sopa de ganso.

Galego

The Buttshackers

A banda francesa liderada pola carismática Ciara Thompson (St. Louis USA) non che deixará Indiferente ante o seu malgaste de enerxía sobre o escenario. Só darán tres concrtos en España e un deles será no "Máis que Blues- Cervexas Alhambra", onde a base de Rhythm and Blues, Soul, Funk e esa dose de toleado Garage, renderán tributo a todas as súas influencias: Tina Turner, Sharon Jones, The Sweet Vandals, Charles Bradley,James Brown, Bellrays.
6 músicos sobre o escenario toda unha Bomba Explosiva Sónica chamada: The Buttshackers!

Galego

Olatz Salvador + Mj Pérez

Olatz Salvador comezou a desenvolver o seu vínculo coa música desde moi nova. Realizou estudos de piano e solfexo durante a súa infancia e comezou a tocar os seus primeiros acordes coa guitarra durante a adolescencia dunha forma autodidacta. Continuou a súa formación musical con clases de técnica vocal recibidas pola músico Ainara Ortega e formación, tanto, de harmonía musical, como de baixo, recibida na Escola de Música e Danza de Donostia.

Galego

Eels

Eels é unha banda de rock estadounidense, formada en Los Ángeles, California en 1995 polo cantante, compositor e multiinstrumentista Mark Oliver Everett, coñecido polo nome artístico de E. Os membros da banda cambiaron ao longo dos anos, tanto no estudo como no escenario, convertendo a Everett no único membro oficial da maior parte do traballo da banda. A música do grupo a miúdo está chea de temas sobre a familia, a morte e o amor perdido. Desde 1996, Eels lanzou doce álbums de estudo, sete dos cales figuran no Billboard 200.

Galego

Depedro

Jairo Zavala (Madrid, 1973), coñecido artisticamente como Depedro, é un músico e cantante español.

Deu xiras polos cinco continentes, colaborou con músicos de todo o mundo en diferentes idiomas e os seus discos foron publicados en máis de trinta países.

Galego

Ploho

Ploho é un grupo de post-punk  oriúndo de Novosibirsk,  Rusia, formado en 2013.

En 2018, o álbum da banda Where the birds fly away to die entrou no top 25 dos mellores álbums do ano na cualificación da radio XRAY.fm.

 

Galego

Morgan

Morgan é unha banda afincada en Madrid que naceu en 2012 formada actualmente por Carolina de Juan, Paco López, Ekain elorza e David Schulthess.

O seu primeiro álbum NORTH, producido por Jose Nortes, foi lanzado en febreiro de 2016.

Con este disco comezaron a súa andaina e unha xira de presentación por diversas cidades e escenarios. En 2017 reeditaron o disco de maneira autoxestionada e continuaron percorrendo todo o país ata chegar aos case 100 concertos en ciclos, salas e festivais.

Galego

Aphonnic

La Reina é o sexto disco editado polos vigueses Aphonnic. Un álbum coidado ao milímetro, con 11 cancións de calado emocional, letras punzantes e melodías incribles. O disco foi producido polo portugués Vasco Ramos, partícipe tamén dos seus dous discos anteriores, Indomables e Heroes. Este novo traballo está gravado entre os estudos Mafia Records en Carballiño, por Óscar Fernández, e os Poison Apple Studios en Lisboa, por Tiago Canadas. As 11 cancións foron mesturadas por David Bendeth, artífice de discos como Sempiternal de Bring Me The Horizon ou o mismísimo ?Riot?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto