Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 664 resultados.
Camiñantes

Catálogo da exposición Camiñantes. Fotografías de Tino Martínez. Trátase dun traballo realizado polo fotógrafo compostelán con imaxes recollidas por mor dos seus percorridos polos distintos Camiños de Santiago, plasmando as distintas...
Plan Proxecta: Educación sexual. Curso 2018/19

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade...
Tentativas críticas: #3

Tentativas críticas #3 é a última dunha serie de publicacións que recollen o contido dos debates sobre a crítica de arte en España que tiveron lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea entre os meses de marzo e maio de 2017, están encadradas...
Tentativas críticas: #2

Segunda dunha serie de tres publicacións que recollen o contido dos debates sobre a crítica de arte en España. Estas xornadas de debate tiveron lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea entre os meses de marzo e maio de 2017.
Senescencia

Malia a escaseza de recursos técnicos e infraestruturas culturais que caracterizaba o panorama artístico galego nas décadas dos setenta, é nunha época en que os artistas galegos transitaban por vieiros próximos ao neoexpresionismo, Ignacio Pardo ...
De la medición del impacto a la mejora. Metodología de evaluación de eventos culturales. El caso del Festival de Cans.

É un traballo de investigación sobre o festival de curtometraxes galego. Ao longo do estudo mediuse o impacto do festival nas súas dimensións económica, social e comunicativa obténdose datos que permiten á organización xustificar o investimento...
Divinas palabras Revolution: Traxicomedia de aldea global

Divinas palabras Revolution conforma o nº 3 da colección O papel do teatro, que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas, nesta...
Igrexas dos mosteiros e conventos de Galicia: Descrición gráfica das declaradas monumento

Esta obra constitúe a segunda parte doutra obra titulada Igrexas mosteirais e conventuais de Galicia. Descrición gráfica das declaradas monumento. Ambas as dúas son editadas no contexto dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a...
Agora entramos nós: Voces Ceibes e a canción protesta galega

O cambio político-social producido nos anos 60 a nivel internacional, repercutíu tamén, como é lóxico, na sociedade galega, onde a mocidade irrompe con forza tratando de romper cos moldes tradicionais e reformulando valores. Neste contexto, a...
Olladas do silencio

A proposta creativa da obra que presenta José Caruncho incide na idea do Courel como cosmos vital; os sentimentos e os valores son radicalmente locais e, por iso mesmo, universais. Unha selección fotográfica mostra o universo labrego do Courel....
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »