Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 680 resultados.
Galician books for children & youns adults 2019=Libros infantís e xuvenís de Galicia 2019=Libros infantiles y juveniles de Galicia 2019 | 2019
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para...
Na procura do pasado: Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurará en novembro de 2016, dentro das actividades programadas polo Museo para o ano 2016, e que permanece aberta ata febreiro de 2017.
Cadernos Ramón Piñeiro (XXXIX). Antonio Fraguas: laboris causa. Trigo limpo candeal
Volume de artigos arredor da vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas, figura homenaxeada en 2019 co Día das Letras Galegas. Diversos estudosos analizan a súa biografía e escrita baixo a coordinación editorial de Luís Cochón e Xusto Beramendi, nunha...
Ler e vivir. Homenaxe a Luís Alonso Girgado
Volume en que se recolle unha ampla escolma de ensaios e textos xornalísticos do profesor e crítico literario Luís Alonso Girgado. Inclúe unha longa cronobiografía do homenaxeado que asina Armando Requeixo, responsable da edición da obra.
Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega
Trátase dunha reflexión sobre a vida e a obra do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño, como achega ao logro dunha poética teatral xenuinamente galega capaz de dar resposta a un Teatro Novo, galego e universal. Contemplado non como unha illa...
A vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades. La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades
Edición do Lazarillo de Tormes, traducido para o galego, xunto coa súa versión castelá, e prólogo do catedrático da Universidade da Coruña Alfredo Rodríguez López-Vázquez.
Museo aberto=Museo abierto=Open museum: saltando valados=saltando muros=jumping hurdles
Publicación que recolle a experiencia deselvolvida polo Museo Etnolóxico no proxecto Museo Aberto, destinado a traballar con colectivos.
Sinfonía nº 2 Nas montañas de Galicia
Obra coeditada pola Agadic e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, Serie Agra Vella. ...
Homeless
Homeless é o catálago da primeira mostra retrospectiva en España da artista Ángela de la Cruz, organizada conxuntamente por Azkuna Zentroa (Bilbao) e o CGAC.
Propter magnare creatus: Lengua, literatura y gastronomía entre Italia y la península Ibérica: Actas del Congreso Internacional Santiago de Compostela, 21-23 de septiembre de 2016
Esta publicación recolle as actas do Congreso internacional Propter magnare creatus, celebrado en Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2016. ...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »