Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 655 resultados.

Peregrinación á Xerusalén negra

Fotógrafo/a: Moleres, Fernando - Tradutor/a: Rodríguez, Xoán Carlos
Peregrinación á Xerusalén negra

Preséntase unha colección fotográfica da peregrinación que cristiáns ortodoxos coptos realizaban a Lalibela (Etiopía) e acompáñase de textos sobre esta interesante peregrinación a un enclave incluído pola Unesco na lista de bens patrimonio da...

14+1 Estacións: Experiencias de con:tacto

Autor/a: Svalastog, Borgny - Tradutor/a: Puentes Chao, Antonio. Barrientos da Silva, Mark
14+1 Estacións: Experiencias de con:tacto

Catálogo da exposición 14+1 Estacións, que recolle a obra que a artista norueguesa Borgny Svalastog realizou especificamente ao longo dos últimos tres anos para ser exhibida no Museo das Peregrinacións. Do mesmo xeito, recolle estudos de...

1935-1936. 'Compostela'. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos

Autor/a: López Vázquez, José Manuel B. - Tradutor/a: Rodríguez Pérez, X. Carlos - Ilustrador/a: Vázquez Díaz, Francisco
1935-1936. 'Compostela'. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos

Catálogo da exposición de idéntico título que recolle contribucións de varios autores sobre a obra de "Compostela" (pseudónimo de F. Vázquez Díaz) e contextualízana no seu ambiente na Compostela de 1935-1936, período en que realizou os debuxos que...

VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico 2014

VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico 2014

Texto da obra gañadora do VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, de 2014. ...

Os catro elementos. Aire, auga, terra e lume

Os catro elementos. Aire, auga, terra e lume

Guía da exposición Os catro elementos, con texto acompañado das ilustracións e das pezas expostas con dúas páxinas despregables.

Los cuatro elementos. Aire, agua, tierra y fuego

Los cuatro elementos. Aire, agua, tierra y fuego

Guía da exposición Os catro elementos, con texto acompañado das ilustracións e das pezas expostas con dúas páxinas despregables.

Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses III

Autor/a: Bande Alonso, Juan A...[et al.]
Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses III

Catálogo da exposición fotográfica "Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses III", consta de varias partes co tema central do retrato, e a partir del estúdanse as múltiples lecturas que pode ofrecer. ...

Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses VI: O deporte

Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses VI: O deporte

Catálogo da exposición temporal do mesmo título, que pretende cos textos e as imaxes achegar ao público o mundo do deporte e a súa representación fotográfica a través do século XX, no contorno do Ribeiro. ...

Puntos de encontro, puntos de fuga: [exposición]

Autor/a: Vega, Álvaro de la
Puntos de encontro, puntos de fuga: [exposición]

Proxecto para a Biblioteca Ánxel Casal considerando as condicións espaciais do edificio (no seu interior). O escritor Álvaro de la Vega realiza unha serie de obras pensadas para este lugar.

Aula de galego 4: Curso de galego

Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Aula de galego 4: Curso de galego

Libro de alumno para a aprendizaxe do galego para o nivel CELGA 4.

Páxinas