Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 673 resultados.
Isóbaras
Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, edición 2012. Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, é un mapa de temperaturas do...
O refugallo
Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co VI premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, edición 2011. En O refugallo, a autora, Paula Carballeira, fálanos da...
Os reloxos preguiceiros de Néboa
Obra de Xavier Lama gañadora da V Edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil, coeditada con Edicións Xerais de Galicia dentro dá colección Biblioteca Dramática Galega.
A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño
Volume divulgativo sobre a aventura artística de Roberto Vidal Bolaño, que reinvindica o valor do autor. Reconstrúe a súa carreira e cataloga e clasifica as súas obras; avanza, así mesmo, unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a súa...
Xogos teatrais: Unha perspectiva nova na educación teatral
Obra coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia dentro da colección Biblioteca de Teatro, serie Manuais, na que o actor e director Clive Barker nos ofrece, como autor da publicación, a posibilidade de explorarmos e comprendermos os procesos polos...
A interpretación (re)considerada: Unha guía teórico-práctica
A Interpretación (re)considerada ofrece unha ampla panorámica sobre as máis recentes teorías da interpretación. Trátase do nº 3 da Serie Grandes Manuais, da colección Biblioteca de Teatro, coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia.
A boa persoa de Sezuán
Nº 6 da colección Escena Aberta, coeditada pola AGADIC e Edicións Laiovento, que integra as producións do Centro Dramático Galego.
Tarará-chis-pum
Obra producida polo Centro Dramático Galego en 2007 que conta a historia dunha rapaza, pequena aprendiz de pallasa, que para atopar o riso que perdera na escola emprende unha viaxe fantástica por distintos lugares, e que remata no circo, onde...
Granada: Na Alhambra á tardiña. Poema sinfónico para orquestra
Granada, poema sinfónico para orquestra, composto por Andrés Gaos, é unha das súas obras máis significativas. Conforma o nº 25 da serie Agra Vella, dentro da colección de música impresa Ars Gallaeciae Musicae, editada pola AGADIC en coedición coa...
Celtia
Celtia, obra de Enrique González Arroiajauregui, conforma o nº 8 da serie Ávrego, da colección Ars Gallaeciae Musicae, coeditada pola AGADIC e Dos Acordes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »