Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 655 resultados.
Emmanuel Sougez: Fotografías 1928-1958

Catálogo da exposición de fotografía de Emmanuel Sougez (1889-1972) realizada no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase dunha figura singular, entregada á fotografía pictórica, con repercusión tamén na crítica de arte.
Goya gravador: Catálogo dos Gravados de Goya no Museo de Belas Artes de A Coruña

Catálogo dos gravados do gran mestre aragonés que figuran na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
O mundo nas mans: Cartografía escolar dos séculos XIX e XX

Catálogo da exposición do mesmo título, baseada nos materiais didácticos para o ensino da xeografía nos séculos XIX e XX. Permite comprender a súa evolución e observar as formas de transmisión desta área do coñecemento.
A contemplación do invisible: Iconas rusas. Colección Santos-Illueca

Catálogo da exposición do mesmo nome, que recolle a colección completa de iconas rusas depositadas no Museo das Peregrinacións de Santiago pola familia Santos-Illueca e que forman parte da exposición organizada polo museo para dar a coñecer os...
Guía valleinclaniana: Casa Museo Valle-Inclán, Vilanova de Arousa; Museo Valle-Inclán, A Pobra do Caramiñal

Guía sobre a Casa Museo Valle-Inclán, na Pobra do Caramiñal e en Vilanova de Arousa.
Cadernos Ramón Piñeiro (XXXVI). Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo.

Novo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro, no que o coñecido ilustrador Siro López avanza no tema do humorismo cervantino (do que xa ten escritos outros volumes) e cuxa máxima expresión amósase no Quixote. Siro é un gran coñecedor do tema que nos...
Speculum humanae vitae: Imagen de la muerte en los inicios de la Europa moderna

Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
Speculum humanae vitae: Imaxe da morte nos inicios da Europa moderna

Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
Aula de galego 1: Curso de galego

Libro de alumno para a aprendizaxe do galego para o nivel CELGA 1.
Tartufo

Versión ao galego do Tartufo de Moliére, produción do Centro Dramático Galego estreada no Salón Teatro de Santiago de Compostela en setembro de 2016. Abre a colección "O papel do teatro" para lles dar cabida ás obras producidas polo CDG. ...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »