Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 655 resultados.

Agora entramos nós: Voces Ceibes e a canción protesta galega

Autor/a: Fernández Conde, Sheila
Agora entramos nós: Voces Ceibes e a canción protesta galega

O cambio político-social producido nos anos 60 a nivel internacional, repercutíu tamén, como é lóxico, na sociedade galega, onde a mocidade irrompe con forza tratando de romper cos moldes tradicionais e reformulando valores. Neste contexto, a...

Olladas do silencio

Autor/a: Caruncho, José
Olladas do silencio

A proposta creativa da obra que presenta José Caruncho incide na idea do Courel como cosmos vital; os sentimentos e os valores son radicalmente locais e, por iso mesmo, universais. Unha selección fotográfica mostra o universo labrego do Courel....

Verso e prosa

Autor/a: Moreno, Mª Victoria
Verso e prosa

Obra en que se recollen e describen as características do verso e da prosa establecendo as súas diferenzas, definindo, no caso do verso, os seus elementos máis esenciais como son a rima, a medida, a estrofa... e analizando a prosa desde os seus...

As linguas de España

Autor/a: Moreno, Mª Victoria
As linguas de España

Ensaio que nos presenta os idiomas oficiais de España, a súa xénese e a súa historia, tendo en conta as diferentes invasións e pobos que nos habitaron, e como a construción, evolución e convivencia dos diferentes idiomas foron configurando as...

Illas de San Simón e San Antonio: A recuperación dun sitio histórico

Illas de San Simón e San Antonio: A recuperación dun sitio histórico

A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta. ...

Berta Cáccamo: Expansión ensaio

Autor/a: Olmo, Santiago. Barro, David. Verbis, Daniel
Berta Cáccamo: Expansión ensaio

De vocación temperá, Berta Cáccamo (Vigo, 1963) creceu nun universo ligado á creación. Considerada como unha das pintoras españolas máis importantes da súa xeración, foi quen de destilar influencias afastadas no tempo, sempre disposta ao debate...

O tesouro acobillado e outros relatos de Ricardo Carballal Lafourcade

Editor/a literario/a: Camoira Vega, César
O tesouro acobillado e outros relatos de Ricardo Carballal Lafourcade

Unha noveliña curta de cariz autobiográfico e colección de relatos espallados en revistas galegas da Terra e da emigración cubana de primeiros do século XX. Estudo introdutorio de César Camoira Vega.

O legado dos Valladares de Vilancosta

Autor/a: Ferreirós Espinosa, Carlos - Editor/a literario/a: Requeixo Cuba, Armando
O legado dos Valladares de Vilancosta

Extensa monografía sobre a familia Valladares, que inclúe valiosos documentos biográficos e literarios tanto do intelectual Xosé Dionisio Valladares coma do seu fillo, o escritor Marcial Valladares Núñez, a súa irmá a poeta Avelina Valladares...

Informe de literatura 2016 (CD)

Coordinador/a: Roig Rechou, Blanca-Ana
Informe de literatura 2016 (CD)

Edición CD de carácter bibliográfico que recolle a reprodución literaria galega anual tanto no ámbito de creación como da información relativa á posta en escena de obras literarias, premios e revistas en formato pdf. Resultado do proxecto de...

Cadernos de fraseoloxía galega | Nº 17/2015

Director/a: González Rey, María Isabel
Cadernos de fraseoloxía galega  | Nº 17/2015

O número 17 (2015) de Cadernos de Fraseoloxía Galega contén 4 traballos que abordan diversos aspectos fraseolóxicos referidos ás fórmulas rutineiras, ás paremias xeocosmolóxicas, á sinonimia e a unidades diversas do ámbito da alimentación. As...

Páxinas