Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 673 resultados.
Coa palabra na boca. Suxestións para traballar con refráns nas aulas
Publicación de carácter didáctico en formato electrónico, dirixida a toda a comunidade educativa, así como a persoas interesadas nos refráns e nos refraneiros galegos. Distínguese unha primeira parte teórica e outra posterior en que se propoñen...
Plan Proxecta: Educación sexual. Curso 2019/20
Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade...
DramaturXa
Nº 5 da colección "O papel do teatro", que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. ...
Galician books for children & youns adults 2019=Libros infantís e xuvenís de Galicia 2019=Libros infantiles y juveniles de Galicia 2019 | 2019
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para...
Na procura do pasado: Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurará en novembro de 2016, dentro das actividades programadas polo Museo para o ano 2016, e que permanece aberta ata febreiro de 2017.
Cadernos Ramón Piñeiro (XXXIX). Antonio Fraguas: laboris causa. Trigo limpo candeal
Volume de artigos arredor da vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas, figura homenaxeada en 2019 co Día das Letras Galegas. Diversos estudosos analizan a súa biografía e escrita baixo a coordinación editorial de Luís Cochón e Xusto Beramendi, nunha...
Ler e vivir. Homenaxe a Luís Alonso Girgado
Volume en que se recolle unha ampla escolma de ensaios e textos xornalísticos do profesor e crítico literario Luís Alonso Girgado. Inclúe unha longa cronobiografía do homenaxeado que asina Armando Requeixo, responsable da edición da obra.
Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega
Trátase dunha reflexión sobre a vida e a obra do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño, como achega ao logro dunha poética teatral xenuinamente galega capaz de dar resposta a un Teatro Novo, galego e universal. Contemplado non como unha illa...
A vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades. La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades
Edición do Lazarillo de Tormes, traducido para o galego, xunto coa súa versión castelá, e prólogo do catedrático da Universidade da Coruña Alfredo Rodríguez López-Vázquez.
Museo aberto=Museo abierto=Open museum: saltando valados=saltando muros=jumping hurdles
Publicación que recolle a experiencia deselvolvida polo Museo Etnolóxico no proxecto Museo Aberto, destinado a traballar con colectivos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »