Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 672 resultados.
Céltica. Caderno de Estudos Galaico-Portugueses. Porto (1960-1961)
Na cidade portuguesa de Porto, no bienio 1960-1961, apareceu a revista Céltica, Caderno de Estudos Galaico-Portugueses, que fundou e dirixiu Manuel Oliveira Guerra. A súa curta existencia -tirou unicamente catro números- non impide que recoñezamos...
Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934) Edición facsimilar
Claridad foi un semanario publicado entre 1933 e 1934 en Santiago de Compostela. De ideoloxía republicana e natureza bilingüe, chegou a tirar do prelo vinte e catro números. Laico e autonomista, dirixido á clase obreira, o campesiñado e o...
Verbas amigas. Estudos en homenaxe a Blanca Ana Roig Rechou
Verbas amigas reúne máis de medio cento de colaboracións escritas en homenaxe á profesora Blanca-Ana Roig Rechou por mor da súa xubilación. O volume, alén de diversos textos prologais de carácter institucional, incorpora tamén unha extensa...
Cadernos Ramón Piñeiro (XLIV). Celebración de Xela Arias. "Intempériateme". Sobre a dificultade de traducírmonos.
Vinte e catro achegas de diversos autores e autoras conforman este volume número 44 de Cadernos Ramón Piñeiro dedicado a Xela Arias. Traballos biográficos, literarios e mesmo xornalísticos achégannos á realidade vital e literaria dunha das...
Afonso X e Galicia
Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan trascendental para a historia e as letras hispánicas do s. XIII como é a de Afonso X o Sabio. Non obstante, cando o especialista se achega á súa figura, tropeza cunha...
O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra
O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do...
Galicia un relato no mundo
Catálogo da exposición "Galicia, un relato no mundo" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e colaboracións de especialistas nos temas tratados. Ademais, inclúe textos do escritor Robert MacFarlane.
Galicia futura: Todo o que imos ser
Catálogo da exposición "Galicia futura". Galicia futura é unha exposición que amosa cal pode ser o futuro de Galicia en diferentes campos, que van desde as artes ou a música ata a biomedicina e as enxeñarías. Expón un futuro desexado e posible a...
Os brancos segredos do seu ventre
Catálogo da exposición "Os brancos segredos do seu ventre" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e fichas dos 170 artistas que forman a colección depositada na Fundación Rac.
Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago: Impresos do Barroco Compostelán
Catálogo da exposición “Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do Barroco Compostelán”. Exposición que o Museo desenvolverá dentro das actividades do ano Xacobeo 20-21, a partir de setembro de 2021.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »