Cultivar incertezas: Reformular o espazo/conmocionar a mirada

Autor/a: Olmo García, Santiago B.. Cerviño López, Ángel. Poncela López, Natalia
Cultivar incertezas: Reformular o espazo/conmocionar a mirada
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5532-9
Idiomas: Castelán, Galego
Edita: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, CGAC (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2025
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 335
Sinopse
En 2021, coincidindo co trixésimo aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), o CGAC organizou unha exposición que reunía unha selección significativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que transitou polas súas aulas ao longo desas últimas décadas de actividade. Para este fin, escolléronse trinta artistas, que cobren o arco temporal das diferentes promocións. O catálogo da exposición Cultivar incertezas ofrécenos un testemuño en papel do que foi aquela exposición, canda algunhas reflexións útiles sobre a experiencia que supuxo a implantación da formación superior en belas artes dentro do ecosistema da arte galega. Trátase dunha revisión necesaria sobre o que se fixo e o que aínda queda por facer.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 25.00

Comparte