Parlamentos de xeo: (e outras friccións teóricas da arte do século XXI)

Autor/a: Meijide Casas, Sergio
Parlamentos de xeo: (e outras friccións teóricas da arte do século XXI)
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5529-9
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2025
Temas: Arte, Música
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 88
Sinopse
Parlamentos de xeo, asinada polo doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela Sergio Meijide Casas (A Coruña, 1996), foi a obra gañadora da sétima convocatoria do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en 2024. Este ensaio formula unha interesante reflexión acerca das transformacións acontecidas na práctica artística coa chegada do novo milenio. Fronte á idea da fin da arte, defendida por algúns pensadores moi recoñecidos, os acontecementos que tiveron lugar nas últimas décadas confirman que a historia da arte non se esgota coa arte pop e as prácticas conceptuais. Hai aínda moitas historias que se poden contar, narrativas abertas como o poscolonialismo, o feminismo ou o ecoloxismo, que non implican peches de ningún tipo, senón paradoxos que fan da tarefa da historia e da teoría da arte un eido de traballo aberto e con infinitas posibilidades.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 14.00

Comparte