Cadernos Ramón Piñeiro (XLVII). Luísa Villalta, en concreto

Coordinador/a: Andrés, Tamara. Naveira, Manuel. Requeixo, Armando
Cadernos Ramón Piñeiro (XLVII). Luísa Villalta, en concreto
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5499-5
Idiomas: Galego
Edita: Secretaría Xeral da Lingua- Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2024
Temas: Lingua, Literatura, Filoloxía
Volumes: 1
Sinopse
Este XLVII Caderno Ramón Piñeiro reúne un diverso abano de voces para falar da homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano 2024, Luísa Villalta. Así pois, ademais do limiar, a Cronobiografía construída por Armando Requeixo tamén serve como apertura. Sucédense tras ela vinte artigos agrupados en seis seccións: poesía, narrativa, teatro, ensaio e pensamento, tradución e música. Todos eles analizan a tan excelsa como poliédrica traxectoria de Villalta. Deste modo, sitúana nunha posición dialogante con outros autores e tendencias, ademais de pór en valor aquelas facetas do seu traballo que tenden a resultar eclipsadas. Conclúe o volume cunha bibliografía activa e pasiva da homenaxeada.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 22.20

Comparte