Narelle Jubelin. Nalgures: 3 xuño - 16 outubro 2022
Autor/a: Carlos, Isabel. Olmo García, Santiago. Poncela, Natalia

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5473-5
Idiomas:
Castelán, Galego, Inglés
Edita:
Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Dirección Xeral de Cultura, CGAC (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2023
Temas:
Arte, Música
Colección:
CGAC_Ensaio
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
224
Sinopse
Con textos de Natalia Poncela, comisaria da exposición, Santiago Olmo e Isabel Carlos, Nalgures é o catálogo da mostra individual da artista autraliana Narelle Jubelin (Sydney, 1960), que tivo lugar no CGAC en 2022.
Nalgures detense nas memorias dos lugares e nos distintos modos en que estes son ocupados, recorre a referentes culturais concretos dentro do contexto galego e vincúlaos con outras cartografías e referencias da biografía e traxectoria artística de Jubelin.
A través de pezas procedentes de diferentes series da artista, o libro propón un repertorio de discursos posibles que, ao xeito de agrupamentos de obras ou quendas, nos permiten tecer unha rede de intereses e afectos, por veces íntimos e, outras veces, non tanto.