República sideral

Autor/a: Fernández Carrodeguas, Esther
República sideral
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-9995-370-0
ISBN-13: 978-84-453-5377-6
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela), Baía Edicións (A Coruña)
Edición:
Ano: 2021
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: Barriga Verde (17)
Ilustracións: non
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 79
Sinopse

República sideral, de Esther F. Carrodeguas, conforma o número 17 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, República sideral é un xoguete cómico terrorífico, unha farsa esperpéntica que leva á escena un interesante episodio da nosa historia: a fundación da República Federal da Illa de Arousa, que tivo lugar durante a Segunda República e que durou unhas poucas horas. A partir deste feito histórico curioso -e grazas ao teatro de cachaporra que tan deostado está nos nosos tempos-, a peza pretende facer reflexionar sobre o absurdo da condición humana, a guerra, as desputas ideolóxicas irresolubles e as mortes gratuítas. Pero República sideral é tamén un espello deformante en que podemos ver o noso presente reflectido para concluir que, por desgraza, é esperpéntico.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 7.00

Comparte