Museo (do Ermitán) Man
Autor/a: Serodio, Andrea - Coautor/a: Hermo, Carmen. Olmo, Santiago

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5356-1
Idiomas:
Inglés, Castelán, Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2020
Temas:
Arte, Música
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
170
Sinopse
Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936-Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente á marxe do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que deron forma ao seu museo. O seu legado deixóunolo en forma de proxecto museográfico, seguindo un proxecto totalmente innovador, no que se plasmaban conceptos moi actuais sobre xestión, difusión e divulgación museística. Sistematizouno nun compendio de 606 fotografías, debuxos e escritos denominado "Museum vom Einsiedler Man". Camelle (A Coruña) Spanien, no que se recolle a esencia da súa creación artística entre os anos 1969 e 1978.