Cabrita: Work (always) in progress

Autor/a: Cabrita Reis, Pedro - Coautor/a: González, Susana. Olmo, Santiago
Cabrita: Work (always) in progress
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5350-9
Idiomas: Galego, Inglés
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2020
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 172
Sinopse
O proxecto expositivo "Work (always) in progress" formula un discurso secuencial que permite abordar os principais aspectos do traballo de Pedro Cabrita Reis (1956) a través de series representativas como Compounds, Favorite Places, True Gardens ou Floresta nun arco temporal que percorre tres décadas. A mostra articúlase por medio dunha trintena de obras que ocupan o vestíbulo e as plantas baixa e primeira do CGAC, xunto con intervencións site specific no exterior do edificio. As obras reunidas dan conta da súa extensa produción artística, que evidencia o potencial dialéctico do seu traballo, entre referencias a principios construtivistas e procesuais, cuestións formais minimalistas e o uso prominente do obxecto preexistente.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 35.00

Comparte