Neorretranca e posmorriña: Fantasía nº 5 en sol ou non Boisaca ou a divina desgraza
Autor/a: F. Carrodeguas, Esther - Coautor/a: Vidal Ponte, Roi

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5322-6ISBN-13: 978-84-120184-0-0
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura e Turismo, Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC (Santiago de Compostela), Edicións Positivas SL (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2019
Temas:
Cine, Teatro, Espectáculos
Colección:
O papel do teatro (4)
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
125
Sinopse
Neorretranca e posmorriña (Fantasía nº 5 en sol ou non e Boisaca ou a divina desgraza) dá corpo a unha nova produción propia do CDG, o primeiro froito directo do labor desenvolvido dentro do proxecto "DramatUrxente" de apoio á dramaturxia galega contemporánea iniciado polo Centro en 2015, que pon en escena dúas das obras que se escribiron no grupo de traballo de dramaturgas e dramaturgos coordinado polo autor, actor e director Manuel Lorenzo, DramaturXa.
Neorretranca e posmorriña, dúas pezas sobre un mesmo sentir, caras diversas sobre unha mesma inquedanza: a identidade galega como concepto inaprensible, como acción non rematada, como busca incesante. A cultura, a lingua, a escrita, hábitos e prácticas sociais, tradicións e mitos propios. Memoria compartida inzada de símbolos que ás veces non recoñecemos como nosos, que interpelan a imaxinación dunha comunidade non sempre en sintonía.