Somos os monstros
Autor/a: Carballeira Cabana, Paula

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5321-9ISBN-13: 978-84-9121-529-5
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura e Turismo, Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC (Santiago de Compostela), Edicións Xerais de Galicia (Vigo)
Edición:
1ª
Ano:
2019
Temas:
Cine, Teatro, Espectáculos
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa dura
Volumes:
1
Páxinas:
70
Sinopse
Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática, galardoada co X premio Manuel María de literatura dramática infantil edición 2018, peza teatral de personaxes, situacións e diálogos de debuxo sinxelo, moi na liña dos xogos infantís, que logran transmitir un universo simbólico suxestivo e interesante para o lector/espectador infantil e adolescente.
"Os monstros viven cando lles deixamos. Temos medo de atopalos porque fomos nós quen os botamos lonxe, a lugares escuros, a bosques que despois queimamos. Os monstros non entenden por que non os deixamos en paz e por que sempre hai nenas, sempre hai nenos, que quedan fóra da casa cando se fai de noite e queren saber, e queren coñecelos. Ás veces, moitas veces, descubrimos que os monstros non son moi diferentes de nós cando nos miramos no espello.”