Aires galegos. Novos aires galegos para piano Andrés Gaos Berea: Andrés Gaos Berea (1874-1959)
Transcritor/a: Trillo, Joám

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISMN: 979-0-801249-19-7ISMN: 979-0-801244-62-8
Idiomas:
Inglés, Castelán, Galego
Edita:
Consellería de Cultura e Turismo, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela), Dos Acordes S.L.U. (Baiona)
Edición:
1ª
Ano:
2019
Temas:
Arte, Música
Colección:
Ars Gallaeciae Musicae (32)
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
50
Sinopse
Aínda que menos coñecido polo público que o seu perfil como violinista e como compositor, a dimensión de Andrés Gaos como pianista é un testemuño imprescindible á hora de calibrar a sólida formación do mestre coruñés. Aires galegos e Novos aires galegos son dúas coleccións de pezas breves para piano, de factura sinxela tanto en estrutura como na esencia compositiva. Da súa música despréndese o desexo de evocar as sonoridades, as danzas, as paisaxes, os sentimentos e as lembranzas da patria afastada por medios de ritmos e melodías tomados unhas veces do noso folclore e, outras, simplemente como inspiración para compoñer.