Fala das musas e outros poemas
Autor/a: Pernas Nieto, Daniel - Editor/a literario/a: Requeixo, Armando

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5164-2
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2014
Temas:
Lingua, Literatura, Filoloxía
Ilustracións:
b/n
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
167
Sinopse
Daniel Pernas Nieto foi un poeta lugués, colaborador na prensa cultural e literaria do seu tempo (Galicia, Follas Novas, Vallibria, El Eco de Villaba) e cura ecónomo na parroquia de Santiago de Baroncelle. Como poeta, deixou esparexidas diversas composicións e conseguiu publicar, en lingua galega, o seu único poemario, Fala das Musas, que apareceu nos tráxicos días do Nadal de 1936 e que leva un breve prólogo en castelán de Álvaro Cunqueiro. Libro encadrable na temática de poesía da terra, reprodúcese agora nunha coidada edición do profesor Armando Requeixo.