Divinas palabras Revolution: Traxicomedia de aldea global
Autor/a: del Valle-Inclán, Ramón María

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5298-4
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura e Xuventude, Dirección Xeral de Cultura, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela), Edicións Positivas (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2018
Temas:
Cine, Teatro, Espectáculos. Lingua, Literatura, Filoloxía
Colección:
O papel do teatro (3)
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
106
Sinopse
Divinas palabras Revolution conforma o nº 3 da colección O papel do teatro, que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas, nesta versión de Manuel Cortés e Xron de Divinas Palabras de Valle-Inclán non veremos unha tradución directa das palabras de don Ramón sobre o escenario. Neste caso, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade que reviven, inconscientes, o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.