Suite Artabria
Autor/a: Lourenzo, Manuel

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5261-8ISBN-13: 978-84-9121-252-2
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela), Edicións Xerais de Galicia, S.A (Vigo)
Edición:
1ª
Ano:
2017
Temas:
Cine, Teatro, Espectáculos
Colección:
Biblioteca Dramática Galega (22)
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
128
Sinopse
Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2016.
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, é un conxunto de tres pezas ("Orzán", "O fulgor das atochas" e "Alerta na rúa do Pozo") con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado do premio, "como un roteiro por algún dos espazos máis representativos da Coruña": O Orzán, As Atochas e A Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situación límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantir a súa supervivencia.