Martes de carnaval: As galas do defunto. A filla do capitán
Autor/a: Valle-Inclán, Ramón María

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5254-0ISBN-13: 978-84-946613-1-0
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Axencia Galega das Industrias Culturais (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2017
Temas:
Cine, Teatro, Espectáculos
Colección:
O papel do teatro (2)
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
110
Sinopse
Martes de carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán) conforma o nº 2 da colección 'O papel do teatro', que dá cabida ás obras levadas á escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola AGADIC e Edicións Positivas, este Martes de Carnaval, tradución ao galego de dous esperpentos de Valle-Inclán, é o retrato escuro, tráxico e lúcido dun país. Do corazón da gran chafallada nacional xorden os personaxes valleinclanescos, vítimas dunha patria que lles pasa por riba como una apisoadora, e contra a que se rebelan coas únicas armas que lles aprenderon: a extorsión, a mentira e a picaresca.
Non será en absoluto complicado para o público atopar exemplos nos xornais dos últimos anos que sirvan para situar esta historia e comprobar que o esperpéntico espírito nacional non mudou demasiado. Pero ninguén como Valle-Inclán para airear con retranca as nosas miserias a través da súa pluma erudita.