Mera coincidencia
Autor/a: Peñafiel, Javier

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-4520-7
Idiomas:
Castelán
Edita:
Consellería de Cultura e Deporte, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2007
Temas:
Arte, Música
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
304
Sinopse
Mera coincidencia introduce ao mundo das biodermografías, a través dun grupo de fábulas sen móbil aparente. O libro asegura que a ciencia melancólica non está ben traducida e que o hiperhumano é unha noticia reversible. Un grupo de invitados coinciden ao longo de seis meses en Lisboa, de abril a setembro de 2007, por mera coincidencia, con Javier Peñafiel exercendo de anfitrión para Maria João Sopa, Ludger Knepper, Joana Cera, Abdul Vas, Lucía Faraig, Marcello maloberti, Mario de Ayguavives, Franco Marinotti, Rita So, Daniela Krtsch, Irene van de Mheen, Antonella Kurzen e Lucca Paltrinieri. O libro recolle os textos das conversas que tiveron lugar en Lisboa: noticias compartidas, tempos mortos, sesións de traballo, leceres aparatosos e momentos de pracer.