Manuel Vilariño: Tectónica

Autor/a: Lago, Eduardo - Coautor/a: Ruíz Samaniego, Alberto. Segade, Manuel
Manuel Vilariño: Tectónica
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5220-5
Idiomas: Inglés, Castelán
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2016
Temas: Arte, Música
Colección: CGAC Creación
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 180
Sinopse
Tectónica é una prospección no universo creativo e poético de Manuel Vilariño, pero cunha perspectiva que nos permite aproximarnos á súa obra desde un ángulo ou unha visión inédita. Trátase, efectivamente, de posibilitar un traballo de corte tectónico, nun uso metafórico do termo; é dicir, indagar e evidenciar cales son as liñas de sostemento que fundamentan a súa reflexión estética e que explican, a modo dun impulso continuo e dun contrapunto, todas as realizacións plásticas e poéticas -a propia experiencia vital- deste creador tan singular. Tectónica abesoura nos lugares onde se gorece o silencio, o asombro orixinal do acto creativo; tamén o esplendor das imaxes, alí onde estas fulguran.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 35.00

Comparte