O Cancioneiro de Pero Mafaldo

Coautor/a: Eirín García, Leticia. Ferreiro, Manuel
O Cancioneiro de Pero Mafaldo
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5167-3
Idiomas: Galego
Edita: S. X. de Política Lingúística - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2014
Temas: Lingua, Literatura, Filoloxía
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 211
Sinopse
Pero Mafaldo, trobador cuxas orixes poden atoparse no norte de Portugal, arredor dos inicios do s. XIII, legou para a posteridade unha obra poética que non sobresae en número de composicións –xa que só conservamos nove cantigas do autor, copiadas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa- mais si en diversidade e calidade, xa que cultivou os tres xéneros canónicos da lírica galego-portuguesa e dotounos de personalidade propia. Por isto, da man dos especialistas Manuel Ferreiro e Leticia Eirín, ofrécese unha edición crítica –seguida das pertinentes transcricións e reproducións, ademais dun glosario e rimario- que mellora os traballos anteriores sobre a obra de Pero Mafaldo.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 7.50

Comparte