Revista Galega do Ensino EDUGA | Núm. 69

Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Revista Galega do Ensino  EDUGA     |  Núm. 69
Material textual - Publicación electrónica en liña - Publicación periódica
ISSN: 2171-6595
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2015
Temas: Lingua, Literatura, Filoloxía
Ilustracións: cor
Volumes: 1
Numeración: Núm. 69
Periodicidade: Semestral
Sinopse
Revista especializada na educación, que mudou do formato tradicional en soporte físico para o soporte informático. Dende o número 59 ten un novo ISSN, asignado polo Centro Nacional de ISSN: o 2171-6595. Continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega -profesorado, alumnado, nais e pais-. Inclúe un foro educativo, con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de opinión, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, unha biografía, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas), recensións de obras recentemente editadas e información sobre lexislación e actividades culturais diversas, relacionadas co mundo educativo en Galicia, España e Europa, nos distintos niveis. Ao tratarse dunha publicación puramente on line (sistema de aplicación web tipo xornal dixital), non existe unha entidade de contraportada como tal , polo que para a colocación de logotipos de obrigado cumprimento recomendamos e empregamos a sección que recolle o Consello Editorial, o Consello Asesor, o Consello de Dirección e o Comité de Redacción e outros datos técnicos. Para acceder á publicación, deben dirixirse a http://www.edu.xunta.es/eduga.

Comparte