Chelo Matesanz: As miñas cousas en observación

Autor/a: De Diego, Estrella. Martínez Domínguez, Chus. Matesanz, Chelo
Chelo Matesanz: As miñas cousas en observación
Material textual - Publicación electrónica en liña - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5162-8
Idiomas: Castelán, Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2014
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 164
Sinopse
As miñas cousas en observación é, como o seu título indica, unha revisión exhaustiva da traxectoria da artista cántabra Chelo Matesanz (Reinosa, 1964) a través das súas creacións e dun bo número de obxectos que inspiraron o seu traballo desde a década dos noventa até a actualidade. A miúdo asociada co movemento feminista, a súa obra é coñecida por cuestionar de xeito incansable as certezas comunmente atribuídas á arte de mulleres. Os seus traballos máis recentes caracterízanse pola reinterpretación de elementos da cultura popular galega, aos que dota dun significado novo, a través do filtro dunha mirada aguda e sen prexuízos.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 25.00

Comparte