Cadernos Ramón Piñeiro XXXI: Xosé Filgueira Valverde.Homenaxe. Quíxose con primor e feitura
Autor/a: Cochón Touriño, Xosé Luis. Mariño Taibo, Laura

Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5188-8
Idiomas:
Galego
Edita:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística (Santiago de Compostela)
Edición:
1ª
Ano:
2015
Temas:
Lingua, Literatura, Filoloxía
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Volumes:
1
Páxinas:
468
Sinopse
Un ano máis, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, réndelle homenaxe ao persoeiro elixido pola Real Academia Galega para conmemorar o Día das Letras Galegas, do ano 2015 neste caso. Homenaxe concretada nun libro, coordinado por Luís Cochón, que integra un heteroxéneo conxunto de breves estudos, pertencentes a aqueles terreos do saber que Filgueira Valverde, un humanista erudito, cultivou.
Son arredor de trinta estes estudos, rigorosos e anotados, escritos por especialistas, que discorren polos vieiros da historia, a literatura, a biografía, o pensamento e outros asuntos relacionados sempre con Galicia.