Víctor Grippo: Transformación

Autor/a: Casanegra, Mercedes. Chillida, Alicia. Poletto, Dante Isidoro
Víctor Grippo: Transformación
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5149-9
Idiomas: Inglés, Castelán, Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2014
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 228
Sinopse
Desde as súas primeiras obras de corte conceptual, realizadas a comezos da década dos setenta, o arxentino Víctor Grippo construíu unha persoal poética do cotián, na cal os materiais orgánicos, as ferramentas e os utensilios domésticos conviven cos métodos e instrumentos da ciencia. En 2013 o Centro Galego de Arte Contemporánea organizou a primeira gran retrospectiva europea deste artista, cuxo traballo, transcorrida xa máis dunha década desde o seu falecemento, segue a sorprendernos pola súa sinxeleza e a súa profunda actualidade. O catálogo da exposición propón un achegamento á obra de Víctor Grippo desde catro perspectivas diferentes e complementarias: a da comisaria da mostra, Alicia Chillida; a do crítico e historiador da arte británico, especializado na arte de América Latina, Guy Brett; a da historiadora da arte arxentina María Casanegra, e por último, a do científico e estudoso da obra de Grippo Dante Isidoro Poletto.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 30.00

Comparte