Somos os monstros

Autor/a: Carballeira Cabana, Paula
Somos os monstros
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5321-9
ISBN-13: 978-84-9121-529-5
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura e Turismo, Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC (Santiago de Compostela), Edicións Xerais de Galicia (Vigo)
Edición:
Ano: 2019
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa dura
Volumes: 1
Páxinas: 70
Sinopse
Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática, galardoada co X premio Manuel María de literatura dramática infantil edición 2018, peza teatral de personaxes, situacións e diálogos de debuxo sinxelo, moi na liña dos xogos infantís, que logran transmitir un universo simbólico suxestivo e interesante para o lector/espectador infantil e adolescente. "Os monstros viven cando lles deixamos. Temos medo de atopalos porque fomos nós quen os botamos lonxe, a lugares escuros, a bosques que despois queimamos. Os monstros non entenden por que non os deixamos en paz e por que sempre hai nenas, sempre hai nenos, que quedan fóra da casa cando se fai de noite e queren saber, e queren coñecelos. Ás veces, moitas veces, descubrimos que os monstros non son moi diferentes de nós cando nos miramos no espello.”
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 15.00

Comparte