PROXECTO ALLURE

Alfabetización Liberadora: Accesibilidade Universal en Recursos Culturais para a Educación Permanente

 

OBXECTIVOS

ALLURE é un proxecto europeo KA204 (“acción clave”) centrado na ensinanza non formal de persoas adultas a través da utilización de recursos culturais. Os obxectivos que persegue son:

  • Cultura inclusiva e accesible para as persoas, eliminando barreiras.
  • Desenvolvemento de ferramentas que axuden os grupos sociais en risco de exclusión a participar en actividades culturais e patrimoniais.
  • Capacitación de persoal docente especializado en educación para adultos para usar os recursos culturais e patrimoniais ao seu alcance.
  • Establecemento de redes de colaboración e coñecemento entre distintos axentes educativos, culturais, asociacionismo etc.

GRUPOS DIANA

  • Persoas adultas en actividades de formación.
  • Grupos sociais en risco de exclusión. Entre outros, inclúe persoas con discapacidade, adultas, migrantes, en risco de pobreza etc.
  • Asociacións, fundacións, organizacións e outras entidades que apoian e traballan con grupos sociais en risco de exclusión.
  • Docentes e investigadores en educación formal e non formal para persoas adultas.
  • Órganos de goberno e empresas con competencias en áreas culturais, patrimoniais e educativas.

PROGRAMA

  • Aplicación de Información Cultural Accesible (CIMA polas súas siglas en inglés), de uso libre e gratuíto no sitio web de ALLURE.
  • Informe de necesidades e boas prácticas en colaboración con centros culturais e educación de persoas adultas.
  • Deseño e prototipado de produtos tecnolóxicos como resposta ás conclusións obtidas no informe anterior.
  • Guía metodolóxica e orientacións para a efectiva colaboración entre centros culturais e patrimoniais e centros formativos para adultos.

Ademais, levarase a cabo unha actividade formativa orientada á adquisición de competencias profesionais.

SOCIOS

  • Xunta de Galicia (España). Órgano de Goberno de Galicia con responsabilidades no impulso, coordinación e xestión de políticas culturais.
  • Centro Téxtil de Blönduós (Islandia). Desenvolve vías de aprendizaxe flexibles para alumnado adulto en zonas rurais de Islandia.
  • Asociación de Empresarios de Portugal (Portugal). Cámara de Comercio e Industria con actividades de apoio ao emprendemento.
  • Universidade de Vigo (España). Institución académica pública que promove a investigación e a transferencia social do coñecemento.
  • Talleres de Cultura de Lublin (Polonia). Institución municipal con plans comunitarios de desenvolvemento cultural a longo prazo.

 

 

Proxecto Allure

 

 

Ligazóns

Documentos relacionados