Premio: III Certame de Banda Deseñada AXI

III Certame de Banda Deseñada AXI

O IES Arcebispo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan o III Certame de Banda Deseñada AXI, no que participan os departamentos de debuxo, artes plásticas e imaxe, ademais do equipo de dinamización da lingua galega e a biblioteca do centro.
A través deste concurso, aberto á participación de estudantes de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos de toda a comunidade autónoma galega, procurase o fomento do noso idioma e da creatividade entre o alumnado galego a través da banda deseñada.

O prazo de presentación irá desde o día 31 de xaneiro ao 16 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

Estado do trámite: Resolto

Comparte