Premio: VII Premio literario Nortear para o ano 2021

VII Premio literario Nortear para o ano 2021

Versa sobre o xénero de relato curto e está dirixido a escritores de Galicia e do Norte de Portugal de entre 16 e 36 anos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, no marco do programa europeo POCTEP, desenvolven o proxecto Nortear. Entre outras actuacións contempla a realización dun premio literario anual que vai pola súa VII edición no ano 2021.

 

O premio literario versa sobre o xénero de relato curto e vai dirixido a novos/as escritores/as de Galicia e do Norte de Portugal.

 

 Ten unha dotación de 3.000 euros para a obra gañadora e será publicada en edición bilingüe galego e portugués cunha tirada de ata 500 exemplares.

 

As bases poden consultarse na seguinte ligazón: https://nortear.gnpaect.eu/candidaturas/

 

Poden participar persoas nacidas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

 

Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas online ata as 23.59 (hora española) do día 30 de xuño de 2021, a través da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/candidaturas/

Estado do trámite: En prazo en prazo
Prazo de presentación:
2 decembro, 2020 a 30 xuño, 2021

Comparte