Premio: III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Prazo ata o 8 de marzo, Día Internacional da Muller
O III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade conta co apoio da Xunta de Galicia.
Os autores e autoras que queiran participar neste certame terán de prazo ata o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para presentar orixinais escritos en galego de non máis de 5.000 caracteres que atendan ao concepto de literatura infantil, non sexista e coeducativa e que introduzan elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.
A resolución do xurado darase a coñecer o 1 de xuño de 2021 e a obra gañadora, que será publicada por Baía Edicións, recibirá 2.500€.
Estado do trámite:
En trámite