Premio: XXIV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López

XXIV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López

O XXIV Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López está organizado polo Concello de Paradela. Poderán concorrer anualmente todos os autores e autoras que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade. Hai dúas categorías de participación: narrativa ou poesía, ás que se poderá concorrer con obras escritas en galego ou castelán. Terán que ser orixinais, inéditas, e non estar premiadas previamente. 

Establécese un premio de 600 euros para cada obra seleccionada polo xurado en cada unha das dúas categorías. As persoas interesadas teñen de prazo para participar do 1 de outubro ao 30 de novembro. 

Estado do trámite: En trámite

Comparte