Premio: IV Concurso de Debuxo Picasso Coruñés

IV Concurso de Debuxo Picasso Coruñés

A Asociación da Prensa da Coruña (APC) convoca o IV Concurso de Debuxo Picasso coruñés co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Educación (Xunta de Galicia), da Asociación Comarcal de Mulleres Profesionais, Autónomas e Directivas da Coruña e das Escuelas Infantiles «Os Pequerrechos», e coa colaboracion do IES Eusebio da Guarda da Coruña.

O concurso busca dar a coñecer entre os máis novos a estadía durante a súa infancia na Coruña de Pablo Picasso. Durante eses anos, o pintor creaba xornais para os seus familiares nos que incluía debuxos e textos. Eran o Azul y Blanco e La Coruña. Os participantes terán que crear os seus propios números deses xornais. 

O concurso está aberto a alumnos das escolas galegas, estudantes de 3º a 6º de Primaria e de todos os cursos da ESO, que serán divididos en tres categorías. Cada unha das categorías recibirá tres premios, ao mellor xornal, á mellor ilustración e á mellor redacción. 

Estado do trámite: Resolto

Documentos relacionados