Premio: V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea celebra este ano a súa quinta edición cos obxectivos de favorecer a creación artística actual e de dar a coñecer propostas de calidade dos autores e das autoras que están a traballar neste ámbito de expresión cultural.

Promovido polo festival Outono Fotográfico co apoio da Consellería de Cultura e Educación e da Deputación de Lugo, o certame ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. Así mesmo, pretende promover a creación dun espazo fotográfico en Galicia que complemente o creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico, mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas, sen límite en canto á técnica ou á estética, por parte de autores e de autoras tanto nacionais como estranxeiros.

O galardón do certame está dotado con 8.000 euros, que se traducen na realización dunha exposición itinerante co traballo gañador, que se acompaña dun catálogo editado no marco da colección de libros de fotografía Outono Fotográfico. Concretamente, a mostra será inaugurada no marco do Festival Outono Fotográfico e poderá itinerar durante dous anos dentro da súa programación.

O prazo para a presentación de obras permanecerá aberto do 19 de abril ao 15 de setembro de 2017.

 

Estado do trámite: Resolto