Premio: XXXII Premio Merlín de literatura infantil

XXXII Premio Merlín de literatura infantil

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2017 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil.

Premio Xerais de novela chega a súa trixésimo cuarta edición, o Merlín de literatura infantil acada á trixésimo segunda e o Jules Verne de literatura xuvenil, que conta coa colaboración de Ámbito Cultural-El Corte Inglés, á novena. Todos os tres premios están dotados con 10.000 euros.

O prazo de admisión dos orixinais das tres modalidades será o 31 de marzo de 2017, mentres que o xurado, cuxa composición se dará a coñecer no mes de maio, emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 3  xuño de 2017. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais, non podendo ter sido comunicados, nin na súa totalidade, nin por partes, por ningún tipo de procedemento. O premio en cada unha das modalidades poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable.

De cada orixinal presentaranse seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas, acompañadas dun cedé no que se incluirá a obra en formato pdf. Co orixinal, que deberá ser presentado baixo o lema e sen ningún tipo de dato que identifique ao seu autor/a, achegarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor/a, así como o título da obra. Os orixinais deben ser enviados aos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia S.A., rúa Doutor Marañón, 12, 36211 Vigo.

Bases da 32ª edición do Premio Merlín de literatura infantil.

Estado do trámite: Resolto

Comparte