Premio: II Premio de Relato Breve Nélida Piñón
II Premio de Relato Breve Nélida Piñón
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello de Cotobade e a Deputación de Pontevedra organizan de forma conxunta este premio, co que se lle rende homenaxe a unha das figuras de máis relevancia no actual panorama internacional das letras.
Ao certame poderán concorrer as autoras e autores maiores de 18 anos con obras orixinais e inéditas escritas en galego, cunha extensión mínima de 20 folios e máxima de 30.
O prazo de presentación de orixinais abrirase o día 1 de outubro de 2016 e concluirá ás 12:00 horas do día 1 de maio de 2017.
Estado do trámite:
Resolto