Premio: I Premio Europeo de Arquitectura para Novos Talentos

I Premio Europeo de Arquitectura para Novos Talentos

O Premio Europeo de Arquitectura para Novos Talentos (YTAA. The Young Talent Architecture Award ) ten como obxectivo apoiar o talento de arquitectos, urbanistas e arquitectos paisaxistas recentemente graduados, quen serán os encargados de transformar o noso medio ambiente no futuro.

O premio xurdiu da curiosidade e interese polas etapas iniciais no desenvolvemento destes estudantes e o desexo de apoiar o seu talento desde a súa entrada no mundo profesional.

A edición actual é a primeira YTAA e convócase para os graduados no ano académico 2015-2016. Será outorgado en outubro de 2016.

Estado do trámite: Resolto

Comparte