Premio: 10ª edición do concurso Nortear
10ª edición do concurso Nortear
Ata o 19 de xullo está aberta a 10ª edición do concurso Nortear de relatos curtos para a mocidade da Eurorrexión.
As mozas e mozos que residan na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, teñan entre 16 e 36 anos de idade e escriban unha obra orixinal en portugués ou en galego, de cinco mil a oito mil palabras poderán concorrer, ata o vindeiro 19 de xullo, na 10ª edición do premio Nortear de relato curto.
O certame de 2024 ten unha dotación económica de tres mil euros (3.000 €) para o vencedor e posibilita a publicación da obra tanto en portugués como en galego.
Os participantes teranse que inscribir na plataforma: https:// nortear. gnpaect.eu/
(O premio é unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da CCDR NORTE, IP).