Nova: A delegación da Xunta prolonga unha semana as visitas guiadas á exposición Miradas do imperio co seu autor, Alfredo Eiras

10/06/2022

A delegación da Xunta prolonga unha semana as visitas guiadas á exposición Miradas do imperio co seu autor, Alfredo Eiras

Hoxe desfrutaron da mostra os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria do colexio Divina Pastora así como usuarios de Aspnais

Lugo, 10 de xuñode 2022 A Delegación Territorial da Xunta en Lugo estenderá unha semana máis as visitas guiadas á exposición Miradas do Imperio, dada a boa acollida que tivo a proposta entre os centros educativos. O propio autor, Alfredo Eiras, exerce de guía e explica a historia e anécdotas dos personaxes retratados, destacando a súa pegada na cidade de Lugo.

 

Inauguraron hoxe as visitas dous grupos do colexio Divina Pastora de Lugo -alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria-, seguidos dun grupo de usuarios de Aspnais. É precisoconcertar cita a través do enderezo electrónico delegacion.territorial.lugo@xunta.gal.

 

A exposiciónMiradas do Imperio está composta por máis de 40 retratos que representan aemperadores e emperatrices de Roma ata a crise do século III, con especial relevancia dos galaicorromanos lucenses. Permanecerá na sala de exposicións da Xunta en Lugo durante todo o mes, con acceso libre e gratuíto.

 

Eiras é historiador e pintor, coñecido polos seus debuxos sobre a arte e historia medievais galegas. Nesta exposición inclúe tamén pinturas das estelas de Crecente e Adai, replicando os monumentos funerarios de granito que se conservan no Museo Provincial de Lugo.

Comparte