Nova: O secretario xeral de Política Lingüística visita o IES Manuel García Barros polo día das bibliotecas

21/10/2021

O secretario xeral de Política Lingüística visita o IES Manuel García Barros polo día das bibliotecas

A Estrada (Pontevedra), 21 de outubro de 2021.- Con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas que se celebra o vindeiro domingo 24 co lema Ler, aprender, descubrir, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na entrega de diplomas aos voluntarios da biblioteca escolar do instituto IES Manuel García Barros, na Estrada. Canda o representante da consellería de Cultura, Educación e Universidade tamén asistiu a conselleira de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello da Estrada Amalia Goldar.

Comparte