Nova: Arranca en Santiago a terceira edición do ciclo Ateneo Barroco de música antiga co apoio da Xunta

04/10/2021
Arranca en Santiago a terceira edición do ciclo Ateneo Barroco de música antiga co apoio da Xunta
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe nos primeiros actos desta cita que se celebrará durante o mes de outubro con concertos e charlas
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021.- O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á conferencia inaugural O Eterno (e invisible) camiño da voz humana a través do mito. De Arión a Pedro Almodóvar de Roberto Relova, no marco da no ciclo Ateneo Barroco organizado polo Ateneo de Santiago co apoio da Xunta.
O festival celebra a súa terceira edición que inclúeconcertos e distintas actividades complementarias dentro do obxectivo compartido coa Xunta de Galicia de reactivar e apoiar o sector musical en todos os xéneros. O venres 8 de outubro será a quenda de O Harmónico Certame, no Paraninfo da Universidade ás 20,30 horas e o mércores 13 de outubro, O itinerario medieval do trobador, na igrexa da Universidade ás 20,00 horas. O Salón Teatro acollerá o concerto Breathtaking o venres 15 de outubro ás 20,00 horas e o venres 22 será a quenda de Europa Galante no Teatro Principal.
De xeito paralelo, esta cita, incluirá tamén charlas e encontros cos artistas en cada concerto os días 8, 13, 15 e 22 de outubro ás 20,00 horas, entre outras actividades.