Nova: Nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix

28/01/2015

Nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix

O conselleiro de Cultura reuniuse co novo equipo na biblioteca da Cidade da Cultura

  • O conselleiro de Economía e Educación recibiu á nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix O conselleiro de Economía e Educación recibiu á nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix
  • O conselleiro de Economía e Educación recibiu á nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix O conselleiro de Economía e Educación recibiu á nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix

Santiago, 28 de xaneiro de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse hoxe coa nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix encabezada polo seu presidente, Xosé Antonio Perozo.

Na xuntanza, que tivo lugar na biblioteca da Cidade da Cultura, tamén estivo o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Gálix. Asociación galega do libro infantil e xuvenil naceu no ano 1989, sen ánimo de lucro e cos seguintes fins, competencias e funcións: defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil; recoller, promover, programar e executar iniciativas que tendan á promoción do libro infantil e xuvenil; prestar asesoramento e cooperación ás entidades ou persoas, administración e sectores interesados nestes fins, tanto dentro coma fóra de Galicia; asumir a representacion galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto comporte; establecer coas entidades públicas e privadas os convenios precisos para un mellor cumprimento dos seus fins.

 

Comparte